Na quinta xornada de liga disputada esta fin de semana
Tres derrotas para os equipos de xadrez do campus
O Universitario de Ourense A perdeu contra Xadrez Ourense c
Os equipos que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez disputaron esta fin de semana os encontros correspondentes á quinta xornada, sumando cada un deles unha derrota. En primeira división, o Universitario de Ourense A perdeu pola mínima contra Xadrez Ourense C en Pereiro de Aguiar. O marcador final foi 2,5-1,5, con vitoria de Diego Vidal, táboas de Antonio Villar e derrotas de David Rivas e Miguel Reza. En segunda división, o equipo do campus de Ourense tamén perdeu na súa visita ao Celanova pola mínima. O resultado final foi 2,5-1,5, con vitoria de Manuel Álvarez, táboas de Lino Hermida e derrota de Raúl Martínez. Por último, na terceira división, o Universitario de Ourense perdeu na casa 1-3 fronte a Xadrez As Burgas, con táboas de Nuel Vázquez e Sergio de Soto e derrotas de Alejandro Garrido e Víctor López.