DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Nun encontro institucional celebrado este mércores

O vicerreitor do campus reúnese co subdelegado do Goberno en Ourense

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Institucional
DUVI Ourense 17/04/2024

Este mércores, Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, mantivo un encontro institucional co subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González. A xuntanza, celebrada na sede do órgano gobernamental, xorde no marco de cooperación que manteñen as dúas institucións. Nela Emilio González felicitou ao campus de Ourense pola súa acreditación como Campus Auga e por ser “un referente non soamente na provincia senón en toda Galicia en captación de alumnado e en proxectos de investigación a través das diferentes facultades”.