As rutas culturais do curso 2018/2019, organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, pechan a súa programación celebrando unha fin de semana de sendeirismo e natureza na localidade ourensá de Allariz. As persoas interesadas, sexan ou non membros da comunidade universitaria, aínda están a tempo de inscribirse nesta iniciativa que se desenvolverá os días 4 e 5 de maio.
30/04/2019