O quidditch, xogo ou deporte inspirado nas novelas de Harry Potter, xa se pode practicar na cidade de Ourense. Co apoio da Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE), creouse recentemente un equipo que todos os xoves, ás 17.00 horas, se reúne no pavillón de estudantes do campus de Ourense. Desde a entidade, animan ás persoas interesadas a achegarse a coñecer esta iniciativa e a unirse ao equipo, que ten como obxectivo participar na liga galega de quidditch, formada na actualidade por cinco equipos.
03/10/2019