Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Foro Económico de Galicia, presentou este venres na Coruña o libro La estabilidad fiscal en España. Los deberes pendientes. Nel aborda a importancia da política fiscal de estabilización e a necesidade de ser fiscalmente coherentes. O acto contou coa participación de Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira do Goberno e Ministra de Traballo e Economía Social, quen explicou as metas do seu departamento indicando a importancia de “extirpar da nosa sociedade o abatemento”.
14/05/2021