O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional acaba de pór en marcha un programa de mentoría que lle dá a oportunidade ás súas15 alumnas e alumnos de desenvolver o seu máximo potencial profesional da man de tres profesionais con máis de 15 anos de experiencia.
A Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Consello Social da Universidade de Vigo manteñen neste 2024 unha liña de colaboración centrada no impulso de iniciativas ligadas ao proxecto de especialización Campus Crea e no desenvolvemento de diferentes actividades.
Concienciar o alumnado internacional que está a realizar unha estadía académica na UVigo sobre a importancia da igualdade de xénero. Este foi o obxectivo co que se levou a cabo a I Xornada Igualdade para o alumnado internacional.
A Universidade de Vigo activa por terceiro ano consecutivo a busca de empresas, asociacións e organismos dos concellos galegos de menos de 5000 habitantes que queiran participar na 3ª edición do Programa Campus Rural.
A catedrática do Departamento de Enxeñaría Telemática Rebeca P. Díaz Redondo, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación desde marzo de 2021, manterase outros seis anos á fronte deste centro tras renovar este mércores a confianza da Xunta de Escola.
Moi lonxe de retratar mulleres submisas, abnegadas e felices no seu papel secundario na sociedade, a fotógrafa e documentalista Ruth Matilda Anderson amosaba a comezos do século XX unha Galicia ben diferente. Sobre o seu traballo ofreceu un relatorio esta mañá a investigadora Alba Rodríguez Saavedra.
Un dos tres piares sobre os que se asenta o Plan Estratéxico da Universidade de Vigo 2021-2026 é a internacionalización. Xunto coa defensa da igualdade e o fomento da lingua galega, este é un valor fundamental e unha liña de traballo esencial para a institución. A última medida posta en marcha neste sentido é o Plan Integral de Preparación e Acreditación do Inglés (PIPA).
A Universidade de Vigo continuará sendo unha das promotoras do Pont-Up Store, tras a sinatura dun convenio de colaboración coa asociación responsable da organización deste evento, impulsado en 2014 polo grupo de investigación G4 Plus.
Diferentes iniciativas que a Universidade vai desenvolver nos próximos meses en Pontevedra, como actividades centradas na empregabilidade do alumnado, unha xornada de portas abertas ou unha nova edición da Semana da Creatividade, foron abordadas polo Consello de Campus este luns.
Tras a reunión que a pasada semana mantiñan o reitor da Universidade de Vigo e o presidente da Deputación de Pontevedra, a institución provincial anunciou este luns un investimento de 165.000 euros para impulsar unha serie de proxectos conxuntos no 2024.
Por ser un exemplo da implicación activa das docentes e investigadoras da Universidade de Vigo a prol da igualdade de xénero, a institución académica viguesa concedeulle o Premio Uviguala 2024 a Elas Fan CienTec, iniciativa que naceu no 2017 no campus de Vigo.
O congreso El Ojo de Polisemo é un encontro de carácter bienal e itinerante que naceu en 2009 para salvar a fenda que adoita existir entre o mundo universitario e o mundo da tradución profesional. Por primeira vez na súa historia, este ano o simposio recala en Vigo, organizado pola Asociación ACE Traductores en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo.
O programa de eventos para conmemorar o Día Internacional da Muller no campus de Vigo arrancou hoxe mércores cunha xornada sobre as mulleres nas artes escénicas. Celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución, reuniu ás actrices galegas Patricia de Lorenzo e Arantza Villar.
A catedrática Rebeca Pilar Díaz Redondo opta en solitario á reelección como directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, tal e como se confirmou este mércores coa publicación definitiva de candidatos/as. As eleccións serán o vindeiro mércores, día 13.
Analizar novas vías de cooperación entre Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra foi un dos obxectivos da reunión que este martes mantivo o reitor, Manuel Reigosa, co presidente da institución provincial, Luis López.