En abril de 2022 a revista Nature Geoscience publicaba un estudo internacional que recollía un achado científico descuberto de forma fortuíta: a bioturbulencia que xeran os peixes pode axudar á mestura e distribución de nutrientes nas augas costeiras. Este descubrimento realizouse no marco do proxecto Remedios, no que un equipo internacional do que forman parte investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, buscaba comprender como afecta a turbulencia á vida mariña. Agora o seu estudo acaba de recibir un dos dez premios IG Nobel.
15/09/2023