15 institutos de toda Galicia participan este curso como centros pioneiros na impartición do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado cara a ciencia e a tecnoloxía, apostando por unha metodoloxía baseada na investigación como principio esencial. Esta aposta da Xunta de Galicia implica a participación das universidades galegas, xa que ademais da carga lectiva (2 ou 3 horas semanais), o alumnado matriculado neste bacharelato ten que presentar un proxecto de investigación, baixo a coordinación de docentes de escolas e facultades.
11/06/2019