Baixo o lema Soberanía alimentaria e agricultura ecolóxica. Propostas de acción o campus de Vigo vai acoller o III Congreso de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Galiza entre os días 24, 25 e 26 de xuño. Baixo a coordinación do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo, este evento pretende debullar as posibilidades que estes novos xeitos de traballar a terra ofrecen para a construción dun novo rural galego, deixando atrás o escenario actual ameazado pola despoboamento e o avellentamento. A organización agarda a asistencia de arredor de 150 persoas, investigadoras, produtoras e estudantes de Galicia, doutras comunidades do Estado e mesmo doutros estados coma Brasil, Cuba, Venezuela, México, Colombia, Arxentina.
15/06/2010