O peirao de trasatlánticos do Porto de Vigo acolleu este mércores a presentación do 4º Curso de Loxística do Transporte Marítimo, á que acudiu a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, que salientou a grande importancia desta iniciaitiva, organizada polo Departamento de Dereito Privado da Universidade e promovido pola asociación de enmpresas Logidigal, para achegar melloras nas competencias do sector marítimo nunha cidade cunha grande actividade portuaria como Vigo. Pola súa banda, o presidente de Logidigal, Juan Martínez, manifestou que "ningunha empresa do ámbito marítimo pode prescindir da loxística", destacando a necesidade formativa neste eido.
27/01/2010