pontevedracultura.org será a partir de agora unha das webs máis visitadas polos habitantes pontevedreses xa que nela atópase a información necesaria para estar ao día de todas as actividades culturais que se realicen na cidade. A través desta plataforma dixital, que foi presentada na Casa das Campás, están representados os principais axentes sociais, públicos e privados, que a través das súas iniciativas fomentan e abren a cultura á xente de a pé e entre os que se atopan todos os centros do campus universitario. A sede da Vicerreitoría, a Sala X, a Biblioteca Central e as diferentes escolas e facultades informarán constantemente nesta nova páxina, de todos os eventos, exposicións, roldas de prensa e demais actos que se organicen desde a institución académica.
06/06/2008