Despois que as lapas, que nas últimas horas ameazaron o campus de Vigo, se achegasen a tan só 400 metros dos terreos sobre os que se asenta a institución académica, a Universidade de Vigo recupera hoxe a normalidade, á espera de que mañá martes se reanuden as clases, suspendidas trala decisión adoptada polo equipo de Goberno na tarde do domingo. A proximidade das lapas, que na tarde de onte afectaron ao Galiñeiro, Zamáns e á avenida Clara Campoamor sumada á incerteza da súa evolución por mor do vento, levaron ao equipo de Goberno, dirixido por Salustiano Mato, que estes días se atopa en Cabo Verde, desde onde seguiu en todo momento a evolución dos acontecementos, a acordar a evacuación do campus de Vigo e moi especialmente á da residencia de estudantes, ocupada nese intre por uns 65 alumnas e alumnos, que foron trasladados nun autobús municipal a un hotel do centro de Vigo.
16/10/2017