Na semana na que Galicia celebra con actos espallados por todo o país as Letras Galegas, centrados nesta ocasión na figura de Carlos Casares, a Universidade súmase tamén a estas celebracións, entre outras accións, dando a coñecer o nome dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2017, galardóns que este ano recaeron en Genaro Da Silva, na categoría Poesía; Lidia Dosil, en Relato curto; e Manuel Arca, en Tradución literaria, tres estudantes da Universidade de Vigo, cada un do seu ámbito de saber, cada un coas súas propias inquietudes, pero os tres coa inquedanza común de empregar as letras como ferramenta de creación en galego.
15/05/2017