Thunders UVigo, o equipo co que a Universidade de Vigo participa na Liga Universitaria de eSports de España, a Amazon University Esports, rematou esta fin de semana a competición disputando varios encontros nas fases finais dos videoxogos Brawl Stars e Hearthstone. Finalmente Rubén Novoa quedou subcampión estatal tras perder a final de Hearthstone e equipo de Brawl Stars caeu en semifinais. Estas derrotas non impiden porén ao equipo facer un balance moi positivo da tempada xa que, explica Jaime González, o seu coordinador , “tras rematar todas as competicións, a UVigo confírmase como a segunda mellor universidade de España en resultados xerais”.
25/05/2020