O mundo pospandemia; a nova normalidade, a sociedade do confinamento... son moitas as novas expresións que se están a acuñar tras a crise da COVID-19 e as medidas tomadas para paliala. A situación inédita vivida nos últimos meses deixará leccións para toda a humanidade, lecturas para un futuro a curto, medio e longo prazo e, algunhas destas reflexións recóllense no libro Corenta ideas para a (pos)pandemia, unha compilación de catro decálogos asinados por outros tantos autores, entre eles o profesor Fernando Ramallo.
08/06/2020