O pasado 27 de xaneiro arrancou cun percorrido por Montederramo o ciclo de montaña da programación de rutas culturais deste curso da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. Seguindo na busca da neve iniciada entón, o sábado 17 de febreiro a segunda cita deste ciclo levará ás arredor de 60 persoas inscritas a realizar un percorrido pola estación de esquí de Manzaneda.
15/02/2018