Este domingo, o Campus Universitario Ourense Rugby Club disputou unha nova xornada, a onceava, da liga 2020/2021 da División de Honra B do rugby estatal. Os ourensás perderon 19-23 no encontro disputado nas instalacións deportivas do campus de Ourense contra o Hernani CRE, o segundo clasificado do seu grupo. Con este marcador, o equipo de David Monreal suman catro partidos gañados e seis perdidos no que vai de tempada, situándose sétimos na táboa do grupo A.
22/02/2021