Na sociedade da posverdade e do fácil acceso dixital ao coñecemento, a integridade académica tense convertido nun crecente reto individual e colectivo. Desde hai varios anos, un equipo formado por grupos de investigación das tres universidades públicas galegas desenvolve un proxecto que estuda precisamente a integridade académica das organizacións educativas. No marco das súas actividades, está convocado o I Concurso Universitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia.
23/01/2023