Banco malo fronte a banco bo, hipoteca lixo, hipoteca basura, brotes verdes, probas de resistencia ou test de estrés, prima de risco, a troika ou os homes de negro… forman parte dunha mesta rede de termos descoñecidos para a maioría da cidadanía hai apenas uns anos e que hoxe, inmersos de cheo nunha fonda crise económica, forman xa parte do noso día a día. Con todo, os termos que designan estas innovacións non son idénticos en todos os países, senón que dependendo de cada unha das linguas e das culturas, estes “novísimos conceptos”, case sempre de orixe inglesa, son distintos. Conscientes desta realidade un equipo de traballo de once expertos, sete do Brasil e catro de Galicia, puxéronse mans a obra na elaboración dun catálogo de imaxes (metáforas, etc.) que servirá de base para a elaboración dun futuro dicionario sobre a crise económica internacional.
22/10/2013