Os vindeiros 21 e 22 de novembro, e coincidindo coa celebración dos Xogos Galaico- Durienses, terá lugar no lago de Castiñeiras (Marín- Vilaboa) unha proba de iniciación ás carreiras de orientación organizada pola Universidade de Vigo. O seu obxectivo é “dar a coñecer o deporte de orientación dentro da comunidade universitaria”, segundo comentou Alexandre Sanjorge do Servizo de Deportes da Universidade, na presentación desta actividade no Museo Torres de Marín.
15/11/2007