Durante os últimos tres anos o proxecto internacional Imagina Atlántica traballou no estímulo e na promoción das novas tecnoloxías da imaxe no chamado Arco Atlántico, concretamente en Galicia, Norte de Portugal, Gales e Francia. Os días 27 e 28 de xuño, Ourense acollerá o seu peche coa celebración da Conferencia internacional sobre territorios creativos: mellorando o noso patrimonio. Nela, o docente da Universidade de Vigo Xesús A. Lage, como responsable do Grupo Territorios Creativos do proxecto, será o encargado de expor a situación da industria cultural e marcar recomendacións de futuro para este sector. A clave é, explica, buscar un modelo sostible desde o punto de vista económico. “Agora estamos vivindo unha crise de produción pero non de talento, que é o moito o que temos”, advirte.
13/06/2013