“Se a un enxeñeiro apaixonado da innovación lle preguntas onde lle gustaría estar, vaite dicir Silicon Valley; onde pasa todo? En Silicon Valley; onde tes máis oportunidades? En Silicon Valley”. Franco Pérez Lissi, investigador da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, é un dos 12 mozos e mozas españois coidadosamente seleccionados para participar na edición 2015 do Imagine Creativity Center, unha das iniciativas máis innovadoras de Silicon Valley, o corazón tecnolóxico de Estados Unidos, todo un centro de creatividade que cada verán abre as súas portas a 12 persoas con talento, 12 ‘dreamers’ ou soñadores, que terán a oportunidade de recibir formación empresarial especializada en emprendedurismo, coñecer aos mentores e visitar compañías da talla de Google e incorporarse ao desenvolvemento dun proxecto empresarial real.
17/06/2015