En contra da crenza popular de que os carbohidratos son unha mala idea na cea, os científicos especializados no estudo dos ritmos biolóxicos veñen de constatar que é precisamente na última comida do día onde se debe concentrar o consumo deste tipo de nutrientes para favorecer o seu metabolismo. A importancia de coñecer e aplicar a nivel terapéutico o coñecemento sobre os ritmos biolóxicos e a hormona que os regula, a melatonina, tense volto estratéxica no campo biomédico, polas evidencias da súa influencia nos sistemas cardiovascular, nervioso e dixestivo e incluso nos procesos cancerosos. Investigadores das universidades de Göttingen, Xenebra, Leuven, Ferrara, Barcelona, León e Vigo reuníronse este venres no campus de Vigo ao abeiro dun novo seminario científico de Biocaps para compartir coa comunidade biomédica galega os seus últimos avances neste ámbito.
29/05/2015