DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Abordáronse temas como os estándares de calidade na formación deste colectivo

O campus acolleu unha xornada internacional sobre capacitación dos profesionais en Traballo Social

Contou coa intervención da presidenta da Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social (AIE

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Académica
DUVI Ourense 06/07/2022

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este martes pola tarde a celebración das I Xornadas internacionais sobre capacitación dos profesionais en Traballo Social. A cita estivo organizada por GETS-IT, o Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia da Universidade de Vigo.

Tras a benvida a cargo de Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social, e de Carmen Verde, coordinadora do GETS-IT, celebrouse unha mesa de conferencias sobre estándares internacionais de calidade na formación das e dos profesionais de Traballo Social, centrándose nun enfoque ético e de dereitos e coa participación de Anna Campanini, presidenta da Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social (AIETS-IASSW) e Antonio López Peláez, director executivo do Consejo Internacional de Bienestar Social (CIBS-ICSW). Seguiulle unha sesión de intercambio de experiencias e achegas sobre a formación das e dos futuros profesionais do Traballo Social, especialmente sobre que características precisan ter estes profesionais para responder á realidade do século XXI. Pechou a programación Rubén González, subcoordinador do grupo organizador.