Os ‘traders’ ou negociadores bolsistas son aquelas persoas que se dedican a comprar e vender activos procurando así un beneficio na diferenza entre o prezo de compra e o da súa posterior venta, ou viceversa. Hai anos, antes da chegada de internet, esta era unha tarefa moito máis complexa xa que os ‘traders’ tiñan que facerse cargo de todas as súas transaccións e solicitudes por correo, teléfono ou fax. Hoxe en día é máis sinxelo grazas á mellora dos ordenadores e á velocidade coa que se pode navegar en internet facendo desta unha actividade moito máis accesible para todos aqueles que queiran iniciarse no mundo da especulación financeira.
17/02/2020