O 10 de febreiro de 1999, a daquela Facultade de Humanidades da Universidade de Vigo aprobou, en Xunta de centro, a súa nova denominación, que hoxe segue en vigor. Era o nacemento do que aínda hoxe segue a ser a Facultade de Filoloxía e Tradución, que xunta disciplinas de moi longa tradición e na que reside a parte fundamental dos estudos de humanidades da Universidade de Vigo.
16/02/2024