A estratosfera, a capa da atmosfera terrestre que se estende entre os 20 e os 60 quilómetros de altitude e onde se sitúa a capa de ozono, contraeuse a un ritmo de máis de 100 metros por década desde 1980. Esta é unha das conclusións froito dun estudo realizado por investigadores e investigadoras de cinco países, entre eles os físicos da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel e Laura de la Torre, e no que por primeira vez se demostra este fenómeno de contracción. A súa causa serían as emisións de gases de efecto invernadoiro.
10/05/2021