A autopsia de Diana Quer tralo achado do seu cadáver, a segunda autopsia que identificou os restos dos fillos de José Bretón tras unha primeira autopsia errónea... Estes, e outros moitos casos, forman parte do currículo de Fernando Serrulla, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, con sede no hospital de Verín. Este xoves, el foi o encargado de achegarse á Facultade de Dereito do campus de Ourense para familiarizar ás e aos futuros xuristas co traballo que realizan os médicos e médicas forenses.
14/11/2019