Di os refraneiro que “en abril augas mil”, e non vai moi desencamiñado, aínda que neste caso a auga non se presenta en forma de choiva senón que será o fío condutor de sete actividades acuáticas organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. Descenso de rápidos, unha ruta á illa de San Simón con kayak, unha andaina e snorkel, clases de surf, windsurf, mergullo, flyboard e wakeboard son as actividades propostas para a comunidade universitaria e para persoas alleas a ela, dentro do programa Augaventura, coa finalidade de achegar aos participantes á práctica de actividades acuáticas que requiren de material custoso e especializado.
03/02/2020