DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Do 16 ao 30 deste mes de setembro

Unha quincena para probar de balde o abono Muver

Facilita o acceso ás instalacións deportivas, actividades dirixidas e descontos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Deportes
  • Saúde
  • Deportes
M. Del Río DUVI 12/09/2019

Todas as vantaxes nun só abono: acceso ás salas cardio-fitness, múltiples actividades dirixidas, acceso ás pistas de tenis, atletismo e descontos en moitas das actividades que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte, como as Escolas Deportivas e as actividades no medio natural. O abono Muver é unha das iniciativas transversais coas que os tres campus facilitan a práctica deportiva tanto da comunidade universitaria como da cidadanía en xeral. Estas abonos poden ser de carácter anual, cuadrimestral ou estival e os prezos varían dependendo da duración e do tipo de usuarios.

Para coñecer o funcionamento destes abonos, as persoas que forman parte da comunidade da UVigo poden probalo totalmente de balde e sen compromiso do 16 ao 30 de setembro, do 20 ao 31 de xaneiro e do 18 ao 30 de maio.

Vantaxes do abono

O abono Muver proporciona acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo). Ademais, permite o acceso de balde a actividades dirixidas que se organizan ao longo do curso, como fitness express, cross training, ioga, running, defensa persoal, chan pelviano, escalada... así como seguimento técnico e médico-deportivo dos programas de adestramento, participación gratuíta nas actividades do equipo de carreiras populares da UVigo e un 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas Escolas Deportivas, nos servizos de saúde e nas actividades puntuais no medio natural.

Prezos

Os presos do abono Muver depende tanto do tipo de usuarios como da duración da inscrición. Así, o modalidade anual varía entre os 60 euros para a comunidade universitaria e familiares, 90€ para as entidades privadas dos campus e as persoas tituladas e 180€ para as persoas alleas á Universidade de Vigo. A matrícula cuadrimestral varía entre 35€, 50€ ou 100€ mentres que se se opta por inscribirse tan só no verán os presos móvense entre os 15€, 15€ e 30€.