A situación do Persoal de Administración e Servizos (PAS) da UVigo centrou a sesión ordinaria que hoxe celebrou o Consello de Goberno, na que o reitor, Manuel Reigosa, e a xerenta, Yolanda Lesmes, presentaron un informe no que debullaron cuestións como evolución da masa salarial e do orzamento, do cadro de persoal, distribución dos postos, así como os acordos acadados entre o equipo de Goberno e as e os representantes sindicais do PAS.
28/04/2023