As canteiras de mármore subterráneas requiren unha inversión superior nun 45% ás explotacións realizadas a ceo aberto. Así o determina a tese de doutoramento de Emilio Trigueros, investigador da Universidade de Vigo que analizou a actividade de catorce centros de extracción do sueste de España, Italia e Grecia. Co propósito de facilitar a toma de decisións por parte das empresas, Trigueros desenvolveu ferramentas que permiten garantir a rendibilidade dos proxectos a partir dalgúns datos sobre as capas de mármore. O investigador realizou unha síntese xeolóxica e xeotécnica das capas, determinando os principais parámetros que afectan á súa explotación, como o espesor, inclinacións, espazos dispoñibles na dirección do seu corremento, índice de calidade da rocha e resistencias mecánicas, así como a persistencia e características das súas fracturas.
21/11/2007