A improvisación, a harmonía, o swing e a liberdade que caracterizan o jazz, reinarán na Casa das Campás a partir do vindeiro xoves grazas ao ciclo musical Campus Jazz, que reunirá algunhas das mostras galegas máis significativas deste xénero. Alberto Conde Cuarteto, 3Azoteas, A Tempo Jazz e o dúo formado por Jacobo de Miguel e Ton Risco son os artistas que marcarán o ritmo desta actividade da programación de primavera da Vicerreitoría do campus, que, segundo a directora da Área de Extensión Cultural e Estudantes, Ana Belén Fernández Souto, "tiña unha materia pendiente coa música".
23/03/2009