As tres universidades galegas colaborarán en proxectos de I+D+i para o sector da madeira co obxectivo de que o clúster logre, nun prazo de dez anos, duplicar a súa contribución á economía galega. “Trátase de responder á demanda sectorial de facer visible a disposición do Sistema Universitario de Galicia para asumir compromisos de colaboración, en particular co entramado público e privado de I+D+i do noso país”, explicaba o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago que, xunto aos seus homólogos de A Coruña, José María Barja, e Santiago, Senén Barro, asinaron un convenio de colaboración co presidente do Clúster da Madeira de Galicia, José Blanco.
29/04/2008