“O Concello de Ourense é o mellor vehículo para chegar á cidadanía” e con el “estamos definindo unha axenda de traballo a curto, medio e longo prazo que nos permita poñérmonos ao día, elaborar un futuro e mergullar cada día máis ao campus na cidade”. Con estas palabras Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, resumiu o obxectivo da visita institucional que realizou este martes ao consistorio ourensán. Acompañado por Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, Mato reuniuse co alcalde da cidade, Jesús Vázquez, por primeira vez desde o cambio de goberno local. Trala xuntanza, o alcalde salientou o desexo da corporación municipal de traballar “para tender pontes de colaboración” entre as dúas institucións e conseguir “unha maior converxencia en todos os ámbitos”.
20/10/2015