O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla Ramil, ofreceu este venres un relatorio sobre Como afortalar o sistema produtivo galego? no que puxo de manifesto a necesidade de achegar máis axudas para os emprendedores, “para o que é necesaria unha maior implicación e colaboración por parte das universidades e as empresas”. Esta conferencia forma parte das actividades do I Foro Galego de Economía e Empresa, coordinado polo profesor de Economía Aplicada, Santiago Lago, que foi o encargado de presentar a sesión xunto con María Elisa Alén, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
26/02/2010