Os 80 matriculados no mestrado de profesorado que se imparte en Ourense comezan a súa formación nas aulas das facultades de Ciencias da Educación e Historia nas áreas de Ciencias Sociais (Xeografía, Historia e Humanidades) e Ciencias Experimentais (Matemáticas, Tecnoloxía e Informática). A coordinadora do mestrado, Antonia Blanco, puxo o acento no acto de presentación celebrado esta tarde na confección do módulo práctico “que esixe unha presencialidade maior do estudantado”, así como na presenza de novas materias como as de investigación ou as de complementos.
12/01/2010