O Campus Ourense Rugby presentou este venres no Pazo Provincial de Ourense o equipamento que xogadoras e xogadores lucirán na vindeira tempada 2020/2021, tanto na división de honra B estatal como no resto de categorías e da escola de rugby do club. Nela apostarán pola solidariedade incorporando o logotipo da Federación Española de Bancos de Alimentos. O acto contou coa participación de José Luis Rey, presidente do Campus Ourense Rugby; Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Cecilio Santalices, presidente do Banco de Alimentos de Ourense.
24/07/2020