Na súa tese de doutoramento, a investigadora do grupo EQ4 Lucía Gómez avaliou con éxito, e desde o punto de vista alimentario, o potencial da anguía para a elaboración de conservas, buscando “obter un produto novo, de alta calidade e utilizando os exemplares de maior talla comercial e menos valorados”. O emprego destes exemplares, indica, permitiría que “un maior número de anguías chegasen a adultas, facilitando así a súa migración e reprodución”.
08/04/2021