A maior satisfacción dunha universidade é ver como as persoas que nela se forman contribúen ao desenvolvemento da sociedade en calquera dos seus ámbitos. Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) foi poeta, tradutora, editora, narradora e profesora; feminista e reivindicativa; urbana e transgresora... e tamén alumna de Filoloxía Hispánica durante varios anos na Universidade de Vigo. Por este motivo, o Día das Letras Galegas 2021, dedicado á autora lucense, ten para esta institución académica un significado especial. En homenaxe a Xela Arias, Ana Iglesias, profesora do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, compañeira de facultade da escritora e amiga, fai un repaso pola traxectoria persoal, profesional e literaria dunha “poeta sen xeración” que destacou pola súa “valentía”.
14/05/2021