A situación provocada pola pandemia da COVID-19 non foi nin é vivida de xeito igual pola cidadanía. Algúns, explican Lucía Rodríguez e Juan Manuel Galiña, estudantes do Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da UVigo e a USC, “viviron a crise a través das pantallas, experimentando o conflito como sensorialmente hixienizado, namentres que outros viviron a realidade sensorial en primeira liña, na rúa”. Co obxectivo de afondar nestas experiencias e analizar desde a chamada arqueoloxía dos sentidos a situación, estes dous egresados da Facultade de Historia do campus de Ourense están a desenvolver o proxecto O sexto sentido COVID-19.
15/05/2020