Unha iniciativa lúdica e cultural para dinamizar o rural ourensán a través do seu patrimonio. Así se presenta PEDRA, Festival de Saberes, que se celebrará na reitoral da Chaira de Riós (Ourense) o 26 de xullo; o 27 e 28 de agosto e 4 e 5 de setembro. O certame, organizado por A Bela Auria e o Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial da Universidade de Vigo, contará cunha ampla programación de obradoiros e actividades de lecer dirixidas a todo tipo de públicos.
20/07/2021