A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acaba de abrir a convocatoria da terceira edición do III Premio de Investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco. O galardón, nado en 2022, está dirixido a fomentar o emprego da lingua galega nos traballos científicos no eido do dereito entre o estudantado de grao e mestrado.
Un estudo levado a cabo o pasado ano no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo permitiu coñecer que o 58% do alumnado da UVigo experimentou situacións de acoso a través da rede social Instagram, que só o 17% denunciara. Esta situación de “normalización das violencias dixitais” levou aos responsables daquel traballo a continuar esta análise nun novo proxecto.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, é un dos 13 socios que participan no proxecto europeo Retina, dirixido a desenvolver dous sensores baseados en tecnoloxías fotónicas para mellorar diferentes procesos no ámbito da saúde, a automoción e a agricultura.
Os socios do proxecto europeo Ecotours, financiado con 1, 3 millóns de euros e no que a Universidade de Vigo é única representante española, levan meses traballando no deseño de estratexias que permitan revitalizar zonas costeiras rurais de distintas áreas de Europa, entre elas Galicia.
A profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte María José Martínez Patiño foi seleccionada pola European Olympics Academies (EOA) como integrante da súa comisión de desenvolvemento e cooperación para o período 2024-2028.
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting, onde alumnado da UVigo acadou bos resultados.
No presente curso, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparación de competicións internacionais oficiais, na que foron seleccionados tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Concienciar á comunidade educativa e a sociedade en xeral sobre a problemática do cambio climático. Con este obxectivo desenvolveuse o proxecto Coñecendo o clima local: un soporte para a concienciación medio ambiental na Educación Secundaria.
A análise dos novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica, constitúe o eixo central da International Performance Art Conference Fugas e Interferencias, o único congreso académico dedicado a esta disciplina que se desenvolve en España.
Este xoves e venres o campus de Vigo converterase no epicentro da tradución e o multilingüismo coa celebración da XIV edición do congreso El Ojo de Polisemo. Este evento, organizado entre a Asociación ACE Traductores e o Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, presentouse este martes no Concello de Vigo.
Investigadoras da Facultade de Ciencias do campus de Ourense están a desenvolver coa Fundación Menela un proxecto destinado a fomentar a empregabilidade dos usuarios adultos desta entidade, persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte desde 2018 do Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (European Marine Biological Resource Centre-EMBRC), unha rede de infraestruturas de investigación pan-europea.
O proxecto SOSFood utilizará o potencial das tecnoloxías de explotación de datos e a Intelixencia artificial (IA) para proporcionar unha imaxe precisa e global do sistema alimentario europeo, promovendo así o desenvolvemento de ferramentas preditivas. O consorcio, liderado pola Universidade de Vigo e no que participan 17 entidades de toda Europa, celebrou este venres en Santiago de Compostela a súa xuntanza de lanzamento.
Un equipo de investigadoras e investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Industriais, Cintecx, da Universidade de Vigo, liderado pola investigadora Aida Díez Sarabia, acaba de demostrar a viabilidade de producir hidróxeno utilizando residuos agroindustriais biodegradables.