O pasado mes de maio, o Instituto Internacional de Ciencias Espaciais (International Space Science Institute-ISSI) escolleu ao físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel para liderar un equipo internacional que estudará durante dous anos os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa primeira reunión presencial.
12/01/2023