2700 participantes, entre investigadores, docentes e estudantes de Ciencias do Mar de Iberoamérica, Estados Unidos e Europa déronse cita na cidade brasileira de Fortaleza na terceira edición do Congreso Brasileiro de Oceanografía. Xunto con case todos os centros que imparten a titulación, a Facultade de Ciencias do Mar da Universidade estivo presente neste evento que incluíu tamén o I Congreso Iberoamericano de Oceanografía.
Ademais de comprobar a situación da licenciatura noutros países, este evento serviulle ao equipo decanal vigués como guía de cara a organización en abril de 2009 do II Simposio Internacional en Ciencias do Mar (ISMS09) en Vigo.
O decano da facultade, Jesús Souza Troncoso, encabezou a representación viguesa no congreso do Brasil do que destaca, sobre todo, “a altísima implicación e participación dos estudantes, algo que agardamos poder extrapolar ao ISMS”.
28/05/2008