Viva e activa. Así definiu o reitor, Alberto Gago, a titulación de Enxeñaría de Minas no acto de celebración do 15 aniversario destes estudos na Universidade de Vigo. Esta celebración serviu pare reunir a antigos alumnos, estudantes, profesores e representantes do tecido empresarial e das institucións para poñer en valor a enxeñaría que conta con menos paro na actualidade. O director da ETSE de Minas, Pedro Arias, apuntou que nestes 15 anos foron arredor de 1000 estudantes os que pasaron polas aulas da escola, “moitos deles xa profesionais consolidados que están a desenvolver unha importante labor nun sector clave”. De cara ao futuro, Arias referiuse ao reto que representa a adaptación ao EEES, que a escola comezará a levar a cabo o vindeiro curso 2008-2009. "Poderemos ter un centro que responda ás necesidades cambiantes de Europa a súa economía; o camiño é ardou aínda que o percorremos con ilusión de transformación e modernización".
30/11/2007