A Universidade de Vigo estrea na rede un espazo destinado ao intercambio de información e opinión entre os seus usuarios: os estudantes. Senduvida é un blog no que os alumnos, aínda que tamén os restantes integrantes da comunidade universitaria, poderán atopar información de utilidade e intercambiar opinións sobre os máis variados asuntos.
Ao abeiro do Gabinete de Prensa, Senduvida estrutúrase en seccións nas que teñen cabida desde as noticias xerais que se desenvolven en calquera dos tres campus (Noticias), as actividades musicais e culturais que teñen lugar na Universidade e fóra dela (Festicultura), así como iniciativas de distinto caracter (Eventos). Pola súa banda, Participa! é unha sección destinada a recoller as achegas dos usuarios do blog.
Para o desenvolvemento técnico do Senduvida utilízase Wordpress, unha das ferramentas de publicación web máis estendidas da rede.
03/03/2008