O Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente da Universidade de Vigo (Plan SuMA), ven de ser incorporado pola Comisión Europea á campaña Enerxía Sostible que ten como finalidade acadar os obxectivos da política comunitaria nos ámbitos das fontes de enerxía renovables, a eficiencia enerxética, transporte limpo e combustibles alternativos.
Estrurado a través de sete programas xerais que engloban temáticas relativas á enerxía, residuos, contorno natural, patrimonio, colaboración coa sociedade e fomento da sensibilidade ambiental, o Plan SuMA presenta novas iniciativas ao tempo que integra accións que na actualidade xa se están a desenvolver na Universidade de Vigo no ámbito da eficiencia enerxética, a implantación de enerxías renovables, o respecto ao medio natural e o desenvolvemento sostible.
06/02/2008