Como unha “oportunidade de recoller todo o traballo que estabamos a facer no concernente á sostibilidade e ao medio ambiente”, define a vicerreitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco, o proxecto Green Campus, un recoñecemento promovido a nivel internacional pola FEE (Foundation for Environmental Education) e coordinado en España pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor) que distingue aos campus ou facultades polas súas actuacións en materia de xestión e educación ambiental coa bandeira verde, o equivalente universitario as bandeiras azuis que outorga ás praias este mesmo organismo. Partindo da filosofía xa posta en marcha no proxecto Ecoescolas e co obxectivo de darlle continuidade a este no eido universitario, no presente ano 2013 ADEAC puxo en marcha esta nova iniciativa, que trata de facer os campus “máis verdes, máis participativos e máis sostibles”.
12/12/2013