O 55% da madeira que se produce en España, sae de Galicia, que, pola contra, só representa o 13% do volume de facturación e do número de postos de traballo que xera este sector no conxunto do Estado, como se constata nun informe elaborado pola Fundación Barrié. As conclusións deste traballo, que propón dez medidas para incrementar a competitividade desta industria, como fomentar o asociacionismo, combater o abandono dos montes ou a creación dun consello de investigación forestal que vertebre o I+D+i nun sector "moi importante en termos de emprego e sociais", foron presentadas este martes na EE Forestal, no primeiro dos actos organizados con motivo da Semana Forestal Europea. Coa colaboración de Confemadera Galicia e da propia Fundación Barrié, esta Semana Forestal deu comezo cunha conferencia titulada Como mellorar a capacidade forestal de Galicia?
10/12/2013